¿Eres un Centol@?

¿E ti?
¿Eres un de nós?
¿Entón a qué esperas?

No fondo da Ría somos cada vez máis, pero aínda temos sito para ti, porque os Centolos Celestes:
Somos familia e como tal medramos ó carón dun sentimento único e integrador; O Celtismo !!!

En Centolos Celestes, ademáis de apoiar ó noso Celta no vello Balaídos, facemos actividades de todo tipo:
  • No estadio: Apoiamos ós nosos, animando ó equipo dende a bancada de Marcador, con berros, cantos, bandeiras e bombos. Ruido, moito ruido.
  • Fomentamos a realización de diversas actividades deportivas e de contacto coa natureza, que van dede xogar campionatos de fútbol e fútbol-7 co resto de peñas, ata a realización de rotas de sendeirismo.
  • Viaxamos co equipo sempre que o calendario, a distancia e os prezos o permitan.
  • Temos presenza nas redes sociais, nas que creemos e a través das que informamos de moitas das actividades da peña: Twitter, Facebook e canle en Youtube.
  • Creamos material propio da peña: camisolas, bufandas, sudadeiras, polos, e mesmo saias !!
  • Coma non, as ceas, comidas, previas, post-partidos e demáis caralladas son tamén comuns entre nós.
Pero sobre todo é o afan creador, o respecto, a orixinalidade e un espíritu positivo os que fan que Centolos Celestes medre día a día. Para os que estedes interesados en unirvos à peña, os prezos para esta tempada 2013 -2014 son:  
  • De 0 a 7 anos: De balde
  • De 8 a 12 anos: 5€
  • De 13 a 17 anos: 10€
  • Maiores de 18 anos e aboados do Celta: 20€
  • Maiores de 18 anos e non aboados do Celta: 30€
Para poñervos en contacto con nós:     centoloscelestes@hotmail.com