09/01/2016

Arrincando o 2016 con sabor centolo

A nosa peña participou o pasado sábado 2 de xaneiro, no I Torneo de Aninovo, que organizaron os compañeiros de Arribada Celeste, exercendo coma anfitrións, ao igual que nos estivais Memoriais "Jaime Vilar Estévez". Os outros dous convidados foron o Colectivo Nós e Comando -mellor combinado do evento-, que sustituía a Irmandiños (a quénes lles foi imposible asistir).

Participantes da xornada solidaria

Dito acto deportivo, tiña fin solidario (ó igual que o Memorial do pasado verán), tendo o fútbol e o desprendemento de celtismo coma pretexto. Tanto participantes, coma calquer achegado ó campo baionés do Aral, podía facer a súa aportación alimentaria de produtos non perecedoiros en favor da ONG local de "Ayuda al mundo necesitado". Ó final recadáronse en torno ós 70 quilos de alimentos (dato extraído de "ValMiñorTV.com").

Fallou a foto da escadra, desta volta
Respecto ó xogo, era unha liguiña con enfrontamento único entre os catro contendentes, cunha final a desputar a posteriori, entre as dúas peñas que máis puntos acadasen.

Primeiro clasificado, foi Colectivo Nós, que foi o único invicto do grupo, logo de empatar 3-3 con Centolos, vencer ós locais por un axustado 3-2 e lograr o pase na última xornada ó batir a Comando por 5-4, nun partido de vaivéns. Precisamente, Comando xa chegaba a esa última rolda coma o primeiro en garantirse a súa presenza na final, tras golear a Arribada por 5-2 e ós homes de amarelo por 4-1

Os vitoriosos
Centolos, tiña as súas mínimas opcións de batirse con Comando na final, pero tiña que gañar de 3 tantos a Arribada e agardar unha vitoria de Comando sobre o Colectivo. Por momentos estivo ahí, pero o empate inicial entre veciños de bancada foi clave. Ó final un anecdótico 5-4 favorable ós amarelos.

Na final, mostrouse moi superior Comando, sen darlle moita opción a Nós, ós que dobregaron no tanteo final (8-4), conservando ó longo dos 40 minutos un mínimo de dous tantos de vantaxe.

Noutra orde de cousas e cambiando ó asunto da imaxe precedente, 65 soci@s da nosa peña formalizaron a súa valoración respecto ó popular "certame" anual Manuel de Castro onde se vota cales foron os xogadores máis relevantes do Celta, durante ano natural que remataba. Vía whatsapp, os centolos foron mostrándose durante a tarde de Fin de Ano -seriedade nas estimacións, polo xeral-.

O gañador particular foi Fabián Orellana (194 puntos), seguido de Nolito (171 puntos). Máis alonxado, na terceira posición, o recén estreado goleador Jonny (67 puntos) e moi de preto o capitán que abandoou o barco con 62 puntos. Logo, en menor medida, foron votados: Cabral (23), Sergio (16), Krohn-Dehli (14), Hugo Mallo (11), Pablo Hernández (11), Iago Aspas (6), Radoja (5), Planas (3), Guidetti (1) e Wass (1).

Desmiuzando un pouco máis, resulta que o máis lembrado á hora de votar, foi Nolito (51 de 65), seguido por Orellana (50 de 65). Nembargantes, o máximo (5) foi outorgado en 29 ocasións a Orellana, por tan só 20 a Nolito.

Por Hugo Estévez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.