18 de ago. de 2014

José Carlos Adán: Un Centolo de record.

Carlos Adan. (Foto: Celta Atletismo)
Esta tempada, como xa temos feito, imos continuar repasando historias curiosas dos nosos socios. Hoxe é o turno dun membro da sección "Curva Centola" que ten moitos kilómetros as súas costas, e que nestes tempos do "running" moderno é todo un exemplo de superación, sacrificio e éxito no atletismo nacional. Falamos de José Carlos Adán Arias.

Nado en Vigo o 22 de xullo do 1967, este membro de Centolos Celestes e socio de Gol, foi todo un referente no atletismo de finais dos anos oitenta e sobre todo na década dos noventa. As súas especialidades eran o fondo e as probas de campo a través. Compañeiro de fatigas de atletas como Abel Antón, Martín Fiz, Antonio Serrano ou o tamén galego ou Alejandro Gómez entre outros.

Para todos os que formamos esta peña é un inmenso pracer contar entre nós cun deportista do nivel de Carlos Andán. Un deportista que defendeu a camisola do Celta dende outro ambito, con menos focos pero con meirande esforzo, o Celta de Atletismo. A continuación mostramos o palmarés deste vigués e as súas mellores marcas, tomade nota:

Palmarés internacional:

* 32 veces internacional con España.
* Medalla de Bronce por equipos no mundial de Cross de Amberes 1991.
* Medalla de Bronce por equipos no mundial de Cross de Durhan 1995.
* Medalla de Ouro por equipos no europeo de Cross de Thun 2001.
* Medalla de Prata por equipos no europeo de Cross Alnwick 1994.
* Medalla de Prata por equipos no europeo de Cross Malmoe 2000.
* Medalla de Bronce por equios no europeo de Cross Alnwick 1995.
* 3º na Copa de Europa Superliga Roma 1993 cunha marca de (28:16.19).
* 6º na final de 5.000 m do europeo de Helsinky 1994 (13:39.16).
* 7ª posición no campeonato de Europa de Cross de Thun 2001(28.13).
* 16ª posición na final de 10.000 m do mundial de atletismo de Stuttgart 1993 (30:04.34).
* 18ª posición no mundial de Cross de Durhan 1995.
* 19ª posición no Mundial de Cross junior de Neuchâtel 1986(24:08.6).
* 25ª posición no mundial de Cross de Amberes 1991 (34:56).
* 27ª posición no mundial de Cross de Belfast 1999 (41:25).
* 28ª posición no mundial de Cross de Bostón 1992 (38:00).
* 38ª posición no mundial de Medio Maratón de Bristol 2001 (1:03:33).
* 50ª posición no mundial de Cross de Ostende 2001 (42:08).
* 57ª posición no Mundial de Cross Dublín 2002 (37:26)
* 58ª posición no mundial de Cross de Stanvanger 1989 (42:12).
* 80ª posición no mundial de Cross de Turín 1997 (37:39).
* 153ª posición no mundial de Cross de Aix-les-Bains 1990(37:07).
* Participóu nos Xogos Olímpicos de Barcelona, sendo eliminado na primeira eliminatoria cunha marca de 28:58.38.


Palmarés nacional:

* Campión de España de Cross en 1994


Mellores marcas:

* 5.000m lisos 13:19.71 obtida o 5 de xuño de 1993, en Sevilla. A día de hoxe é ainda o actual récord de Galicia.

* 10.000m lisos 27:59:49 obtida o 2 de maio de 1993 en Guecho.
* Media Maratón 1h03:15 obtida o 4 de octubre de 1997 en Kosice.
* Maratón 2h15:06 obtida o 2 de novembro de 1997 en Ámsterdam.


(Fontes: wikipedia e celta atletismo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.