25/08/2014

R.C. Celta de Vigo 3 - 1 Getafe C.F.

Foto: Marta G. Brea (Faro de Vigo)
Chegou o primeiro encontro da liga 2014/2015 e con el chegou a primeira victoria no vello Balaídos. Os de Berizzo venceron por tres goles a un ó Getafe C.F. nun encontro vibrante no que foi decisivo o bo fútbol do equipo celeste.

O Celta foi un equipo loitador, ben plantado no campo, e cunha idea clara de xogo. Presión, posesión, toque e solidaridade foron unha constante nun equipo, o vigués, que pasou por riba do madrileño no vello Balaídos.

En Centolos Celestes quixemos comezar ben a tempada e organizamos unha xornada celeste dende as 12:00 horas da mañá, hora de comezo da "sesión vermouth" ata as 23:00 horas, hora de finalización do partido, para familiarizar ós novos membros coas tradicións da peña.

O xantar no Serodio foi tranquilo esta vez, sen as prisas de outras ocasións, e aproveitamos para afinar as gorxas de cara ó encontro da noite. E abofé que se afinaron, xa que na bancada a "centolada" non parou de apoiar ós seus dende o primeiro ata o derradeiro minuto de xogo. Bo comezo o do domingo, dunha tempada chamada a ser a da ilusión do celtismo.

18/08/2014

José Carlos Adán: Un Centolo de record.

Carlos Adan. (Foto: Celta Atletismo)
Esta tempada, como xa temos feito, imos continuar repasando historias curiosas dos nosos socios. Hoxe é o turno dun membro da sección "Curva Centola" que ten moitos kilómetros as súas costas, e que nestes tempos do "running" moderno é todo un exemplo de superación, sacrificio e éxito no atletismo nacional. Falamos de José Carlos Adán Arias.

Nado en Vigo o 22 de xullo do 1967, este membro de Centolos Celestes e socio de Gol, foi todo un referente no atletismo de finais dos anos oitenta e sobre todo na década dos noventa. As súas especialidades eran o fondo e as probas de campo a través. Compañeiro de fatigas de atletas como Abel Antón, Martín Fiz, Antonio Serrano ou o tamén galego ou Alejandro Gómez entre outros.

Para todos os que formamos esta peña é un inmenso pracer contar entre nós cun deportista do nivel de Carlos Andán. Un deportista que defendeu a camisola do Celta dende outro ambito, con menos focos pero con meirande esforzo, o Celta de Atletismo. A continuación mostramos o palmarés deste vigués e as súas mellores marcas, tomade nota:

Palmarés internacional:

* 32 veces internacional con España.
* Medalla de Bronce por equipos no mundial de Cross de Amberes 1991.
* Medalla de Bronce por equipos no mundial de Cross de Durhan 1995.
* Medalla de Ouro por equipos no europeo de Cross de Thun 2001.
* Medalla de Prata por equipos no europeo de Cross Alnwick 1994.
* Medalla de Prata por equipos no europeo de Cross Malmoe 2000.
* Medalla de Bronce por equios no europeo de Cross Alnwick 1995.
* 3º na Copa de Europa Superliga Roma 1993 cunha marca de (28:16.19).
* 6º na final de 5.000 m do europeo de Helsinky 1994 (13:39.16).
* 7ª posición no campeonato de Europa de Cross de Thun 2001(28.13).
* 16ª posición na final de 10.000 m do mundial de atletismo de Stuttgart 1993 (30:04.34).
* 18ª posición no mundial de Cross de Durhan 1995.
* 19ª posición no Mundial de Cross junior de Neuchâtel 1986(24:08.6).
* 25ª posición no mundial de Cross de Amberes 1991 (34:56).
* 27ª posición no mundial de Cross de Belfast 1999 (41:25).
* 28ª posición no mundial de Cross de Bostón 1992 (38:00).
* 38ª posición no mundial de Medio Maratón de Bristol 2001 (1:03:33).
* 50ª posición no mundial de Cross de Ostende 2001 (42:08).
* 57ª posición no Mundial de Cross Dublín 2002 (37:26)
* 58ª posición no mundial de Cross de Stanvanger 1989 (42:12).
* 80ª posición no mundial de Cross de Turín 1997 (37:39).
* 153ª posición no mundial de Cross de Aix-les-Bains 1990(37:07).
* Participóu nos Xogos Olímpicos de Barcelona, sendo eliminado na primeira eliminatoria cunha marca de 28:58.38.


Palmarés nacional:

* Campión de España de Cross en 1994


Mellores marcas:

* 5.000m lisos 13:19.71 obtida o 5 de xuño de 1993, en Sevilla. A día de hoxe é ainda o actual récord de Galicia.

* 10.000m lisos 27:59:49 obtida o 2 de maio de 1993 en Guecho.
* Media Maratón 1h03:15 obtida o 4 de octubre de 1997 en Kosice.
* Maratón 2h15:06 obtida o 2 de novembro de 1997 en Ámsterdam.


(Fontes: wikipedia e celta atletismo)

10/08/2014

Centolos Celestes no "Arnette O Marisquiño XIV"

Hugo en acción coa súa BMX.
Unha vez máis un dos rapaces do "Muro Centolo" na curva de marcador volve a demostrar a súa prolífica actividade deportiva.

Dende fútbol ata baloncesto, pasando polo skate e as bmx, o rapaces que empurran dende a primeira liña da zona Centola mesmo forman parte de proxectos musicais de gran interese.

Un destes rapaces é Hugo Regueira Armada, quen esta fin de semana ven de participar na compeción de BMX na décimo cuarta edición do exitoso encontro de cultura urbana "O Marisquiño".

Nunha cita de tal interese e cun número tan elevado de participantes, este mozo vigués acadou un máis que meritorio posto 85 na clasificación entre os non profesionais. A pesares de ser un resultado moi aceptable, estamos seguros que para o ano que ben será ainda mellor. Deporte urbano, coma non, dende o fondo da Ría.


05/08/2014

De festa por Beade

Libro de festas de Santa Ana de Beade. Vigo.
Coma bos galegos, os Centolos e as Centolas disfrutan do verán vivindo as festas do país, que nesta terra nosa, non son poucas.

Se a pasada tempada quedamos nas festas de San Campio de Valadares, onde pasamos un moi bo rato, este ano tocaron as veciñas festas de Beade.

Neste caso a peña colaborou, cunha páxina de publicidade no libro das festas, cos amigos da Comisión de Festas desta parroquia viguesa.

Dende Sárdoma a Zamáns, as parroquias da cidade olívica son un bastión de cor celeste.