31/03/2014

Reconquista, aniversario e vitoria !!!

Inicio da camiñata, nas proximidades de Alfonso XII.
Tremenda xornada a vivida esta fin de semana, en especial o sábado día 29 de marzo, tanto polo Celtismo en xeral coma polos que formamos Centolos Celestes en particular. Explicámonos.

O venres día 28, ademáis de ser o día da Reconquista de Vigo, no fondo da Ría celebrábamos o noso septimo ano de vida, polo que toda a fin de semana tivo unha cor especial para nós.

A fin de semana comezaba no Casco Vello de Vigo da man dos amigos da "Peña Freixo Rock" que montaban un posto na Ribeira do Berbés e que amenizaron, a ritmo de gaita e percusión, a xornada do venres, día da fundación de esta nosa peña.

Camiñata previa dende o Berbés ata a Porta do Sol.
Viños, sangrías e "chouripans" despóis, o sábado amencía cunha quedada que pretendía unir os dous puntos quentes da cidade, Casco Vello e Balaídos. E así foi.

Cun tremendo ambiente festivo subimos dende o Berbés pola Rúa Real dirección Porta do Sol, e unha vez coincidimos co resto de compañeiros na céntrica praza, saímos dirección Balaídos cun só pensamento, cunha soa idea na nosa testa:
A vitoria ante o Sevilla C.F. !!!

Os centos de Celtistas que nos congregamos na marcha cara Balaídos apuramos o paso e chegamos más cedo que tarde ós aledaños do vello municipal vigués. Unha vez máis, unha boa iniciativa e un espíritu de unidade en torno o equipo celeste fixeron posible que o Celtismo voltara a sorprender.

Imaxe da bancada de Marcador o sábado.
Na bancada tocou o de tódolos partidos: Sufrir e berrar. Por primeira vez na curva centola unha gaita, unha caixa e dous bombos subiron ás bacadas e fixeron tronar ó municipal vigués.

Cando xa case non tiñamos esperanzas, cando xa morría o partido un xenial Mario Bermejo e un efectivo Nolito dábannos a victoria nos derradeiros compases do encontro.

O delirio foi total, e a festa comezóu nese mesmo minuto e se prolongou, coma non podía ser de outro xeito ata ben entrada a madrugada no Casco Vello.

Por outra xornada igual, por outra reconquista, por outra vitoria  do Celta, por outros sete anos xuntos...




12/03/2014

R.C. Celta de Vigo - Club Atlético de Madrid

Moral intacta a pesares do resultado.
Non puido o noso Celta con Atlético de Madrid este pasado sábado no vello Balaídos. O equipo colchoneiro impúxose por 0-2, un resultado enganoso para o que se puido ver sobre o terreo de xogo, e marcado por dous claros erros defensivos do equipo vigués.

Para os moradores do fondo da Ría a xornaba comezaba ben cedo, ó redor das 12:00 hrs da mañá cunha "sesión vermouth" na cafetería Tribuna baixo un esperado sol.

Ó redor das dúas da tarde tocaba trocar de escenario e xuntarnos ó redor dunha mesa para falar, cantar e rir desfrutando do máis que apetitoso menú do mesón Serodio, en Coia.

Tiveron que botarnos fora.
O menú contundente e a carallada reinante foron o mellor momento de festexar o cumpreanos da nosa compañeira Carla, e de felicitar a Tamara pola súa recente maternidade.

Tras un bo xantar, e o pertinente terraceo, tocaba voltar a Balaídos para afrontar a previa do que sería un partido moi importante. Moito cántico e cachondeo que axudaban a prepararse para a cita das oito.

Cada vez máis no Serodio.
O partido foi complicado, e máis que se complicou, pero na curva de Marcador o apoio incondicional ó noso equipo non parou dende o primeiro minuto ata ben remato o encontro.

Como dicíamos ó principio non puido ser, pero estamos comvencidos que en breve chegarán as victorias precisas para garantir a presenza un ano máis na primeira división. Sempre Celta. Imos Celta.
                                                 

Moda Centola, outro xeito de vestir Celta.

Correa e Ferro no Tribuna.
A moda Centola pega forte coa chegada do bo tempo. Nesta pasada xornada, na que o RC Celta de Vigo enfrentábase o Atlético de Madrid, coincidiron tres circunstancias que fixeron do sábado un gran día.

Por unha banda, o partido, que se xogaba ás 20:00 hrs propiciou que a previa de Centolos Celestes fora das "moi longas". Ademáis de iso, o xa habitual xantar, e coma non, a boísima temperatura rexistrada en Vigo.

Os Centolos e Centolas aproveitaron para encher de cor os aledaños do vello estadio de Balaídos, coas súas bufandas, pero por riba de todo, coas súas camisolas do aniversario, e coma non, coas típicas saias celtas.

Queremos aproveitar para agradecer a boa acollida que teñen sempre os nosos productos, e en especial, nesta tempada 2013/2014.

Esgotouse a roupa interior da peña, pero aínda podedes mercar o resto dos nosos productos enviando un mail a centoloscelestes@hotmail.com