Unha das formacións do equipo amarlo no torneo. |
Os do equipo amarelo quedamos encuadrados no complicado Grupo B, que xogaba no campo de Matamá, xunto cos amigos de Siareiros.net+Canteira Celtista, Lío en Río e Irmandiños1923.
Ó feito de xogar nun grupo con xente coñecida, habitual polo vello municipal de Balaídos, é moi reconfortante.
A afección sempre presnte cos amarelos. |
O grupo estivo moi igualado, ata o
feito de que ninguén gañou por unha diferencia de dous ou máis goles, con
victorias por (1-0) e (2-1), habendo só un empate (1-1). E como non, ese foi o
noso caso, cunha victoria inicial ante Siareiros.net+Canteira por (2-1), e con
dúas derrotas por (1-2) ante Lío en Río e Irmandiños. O máximo goleador amarelo
foi Yago Prieto, con dous chicharros.
Cunha victoria e dúas derrotas, catro
goles a favor e cinco en contra, Centolos Celestes quedou eliminado nesta
primeira fase, na que o potente equipo de Lío en Río (Sr. Caballo incluido)
pasou coma primeiro de grupo. Os vixentes campións do torneo, Irmandiños1923,
quedaron segundos e a pesares do equipo tan competitivo que levaron, os amigos
de Siareiros.net+Canteira pecharon o grupo de Matamá.
Actitude, tensión, concentración... valores centolos. |
A non clasificación dos amarelos,
xunto coas conversas entre o elegante adestrador Javi Vaz e o presidente de
Siareiros.net, Javier Encisa, levantaron as sospeitas e a rumoroloxía na
contorna amarela, pero polo de agora acontinuidade de Vaz está garantida.
Tras rematar os partidos, unha boa
récua de Centolos e Centolas quedaron para unha churrascada no monte do Alba,
doblando en número ós que estaban na Moo, e claro, pasou o que tiña que pasar:
Liouse una boa carallada no fondo da Ría !!!
Queremos
agradecer enormemente a presenza do capitán Jesu Prado, lesionado, que acudiu o
Penedo da Moo a arroupar ós seus.
Fin..?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.