17/12/2013

Un millón de euros para Balaídos

Caída de cascotes en Balaídos o 18/11/12.
O pasado domingo, atopamos no Faro de Vigo a noticia da inversión para o estadio de Balaídos nos orzamentos do Concello de Vigo para o ano 2014. Ó parecer está presupostado investir no vello coliseo vigués un millón de euros para reparar chans e cubertas nas bancadas. Na noticia sinálanse as denuncias de "Peñas" preocupadas polo estado do estadio municipal vigués.

Dende Centolos Celestes congratulámonos de que o Concello de Vigo invista en Balaídos para garantir a seguridade dos asistentes pero entendemos que isto non é de abondo, xa que o problema do estadio vai máis alá dunha reforma puntual.
De feito, aínda seguimos á espera de resposta ó noso escrito por parte da Xerencia Municipal de Urbanismo para sacar as nosas conclusións en primeira persoa, e non a través do que publiquen os medios de comunicación. Tan pronto como teñamos noticia da nosa reclamación informarémosvos puntualmente.

11/12/2013

Torneo de fútbol da Fedración de Peñas 2013

Unha das formacións do equipo amarlo no torneo.
Este venres día 6 do nadal celebrouse a primeira fase do xa tradicional campionato de fútbol de peñas que organiza a Federación de Peñas Celtistas.

Os do equipo amarelo quedamos encuadrados no complicado Grupo B, que xogaba no campo de Matamá, xunto cos amigos de Siareiros.net+Canteira Celtista, Lío en Río e Irmandiños1923.

Ó feito de xogar nun grupo con xente coñecida, habitual polo vello municipal de  Balaídos, é moi reconfortante.

A afección sempre presnte cos amarelos.
A bancada do Penedo da Moo estaba chea de afeccioados de todos os equipos, polo que o grupo tivo un ambientazo.

O grupo estivo moi igualado, ata o feito de que ninguén gañou por unha diferencia de dous ou máis goles, con victorias por (1-0) e (2-1), habendo só un empate (1-1). E como non, ese foi o noso caso, cunha victoria inicial ante Siareiros.net+Canteira por (2-1), e con dúas derrotas por (1-2) ante Lío en Río e Irmandiños. O máximo goleador amarelo foi Yago Prieto, con dous chicharros.

Cunha victoria e dúas derrotas, catro goles a favor e cinco en contra, Centolos Celestes quedou eliminado nesta primeira fase, na que o potente equipo de Lío en Río (Sr. Caballo incluido) pasou coma primeiro de grupo. Os vixentes campións do torneo, Irmandiños1923, quedaron segundos e a pesares do equipo tan competitivo que levaron, os amigos de Siareiros.net+Canteira pecharon o grupo de Matamá.

Actitude, tensión, concentración... valores centolos.
A non clasificación dos amarelos, xunto coas conversas entre o elegante adestrador Javi Vaz e o presidente de Siareiros.net, Javier Encisa, levantaron as sospeitas e a rumoroloxía na contorna amarela, pero polo de agora acontinuidade de Vaz está garantida.

Tras rematar os partidos, unha boa récua de Centolos e Centolas quedaron para unha churrascada no monte do Alba, doblando en número ós que estaban na Moo, e claro, pasou o que tiña que pasar: Liouse una boa carallada no fondo da Ría !!!

Queremos agradecer enormemente a presenza do capitán Jesu Prado, lesionado, que acudiu o Penedo da Moo a arroupar ós seus.
















Fin..?