28 de out. de 2013

Nova pancarta de Centolos

Na bancada de Marcador xa loce a nova pancarta de Centolos Celestes. Tras quedar tapada a publicidade no murete da bancada e trala "estrana desaparición" da anterior, xa se nos pode localizar dende calquera parte do vello Balaídos.

Na liña que seguimos con tódolos productos da peña este ano, a pancarta é ben sinxela, coa habitual centola vermella, o noso escudo do noventa aniversario do Real Club Celta e coa versión breve do noso nome.


Esperemos que esta nova pancarta contemple moitas victorias e tardes de gloria no vello estadio municipal de Balaídos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.