27 de xul. de 2013

Memorial Jaime Vilar Estévez (Baiona)

O pasado día 27 de xullo de 2013 tivemos o pracer se ser invtados o Memorial Jaime Vilar Estévez, organizado polos amigos da Peña Celtista Arribada Celeste de Baiona. Para honrar a memoria deste gran celtista, nosos compañeiros de bancada organizaron dun xeito extraordinario un torneo de fútbol-7. Como non podía ser doutro xeito, o equipo amarelo estivo presente cunha nutrida representación na cita baionesa. O torneo disputouse en horario de mañá e de tarde no campo do Aral e contou con numeroso público, que vibróu cos partidos dos dous grupos, e coma non, coa emocionante final. O equipo de Centolos Celestes non pasou á fase final, pero malia iso, disfrutou do ambiente e dunha xornada entre amigos. A peña Irmandiños1923 foi a xusta vencedora do Memorial, cun gran xogo e un importante depregue físico. Nosa noraboa ós campións e noso agradecemento ós organizadores.